OurenseÚltima hora

As Festas de San Francisco ocasionarán cortes de tráfico na rúa Pena Trevinca de Ourense durante esta fin de semana

 

A Policía Local do Concello de Ourense informa de que a celebración das festas de San Francisco requirirá realizar restricións de tráfico no barrio desde o venres 2 ata o domingo 4 de outubro.

O dispositivo de seguridade inclúe o peche ao tránsito rodado na rúa Pena Trevinca (desde a estrada da Granxa ata a rúa da Coruña), o venres 2 de outubro a partir das 19h; o sábado 3 de outubro a partir das 17h; e o domingo 4 de outubro:a partir das 14h e, adicionalmente, durante a mañá por mor da carreira da Garda Civil.

Desvíos e vías alternativas

Para facilitar a mobilidade, recoméndase utilizar como rutas alternativas as rúas da Serra Martiñá, A Coruña, A Saínza e Galicia.

A Policía Local lembra que estes horarios teñen carácter referencial e axustado á programación de actos. A reapertura do paso de vehículos executarase tan pronto como rematen os eventos e as tarefas de limpeza. As interrupcións da circulación poderán adiantarse, ampliarse ou adaptarse se a concorrencia de público ou as necesidades da seguridade o requiren.

Así mesmo, por razóns de afluencia masiva, instalación prolongada de infraestruturas ou calquera outra continxencia sobrevida, os axentes poderán adoptar medidas de regulación complementarias ou modificar sobre a marcha o tránsito rodado co fin primordial de preservar a seguridade cidadá e o fluxo da mobilidade. Solicítase á veciñanza e aos condutores extrema precaución, a máxima colaboración e a consulta da sinalización provisional instalada na zona.

Back to top button