
Todo a punto para a I Andaina da Santa Compaña, que se celebrará o vindeiro sábado 21 de xuño ás 21:30h. con saída desde Arnado (Vilamartín). Trátase dunha marcha tematizada coa tradición da Santa Compaña na que se incluirán actuacións de teatro e festa ao finalizar.
As persoas interesadas poderán inscribirse ata o venres día 20 de xuño en Foot On Mars no Barco, así como en FIMAR en Vilamartin e de forma online en sportmaniac.
Esta andaina está organizada polo Concello do Barco, o Concello de Vilamartin e Ruta Xanzá.
