É outro xeito de desfrutar da Festa do Botelo. Na fin de semana dste 18 e 19 de xaneiro hai familias ou grupos de amigos que prefire un xeito máis tranquilo e reducido de celebrar e desfrutar deste delicioso embutido arredor da mesa e, así, aposta polas IV Xornadas do Botelo e do Cocido Valdeorrés que se iniciaban este sábado en 11 restaurantes, dez do Barco e un de Arcos (Vilamartín).
Así, durante as fins de semana do 18-19 e 25-26 de xaneiro os restaurantes participantes nesta edición das xornadas, ofrecerán un menú especial (a maioría de botelo pero algún tamén de cocido).
Nesta galería de fotos amosamos que se desenvolvían neste mediodía estas xornadas nos restaurantes (seguindo esta orde) Casa Lameiro, Piquiño, San Mauro e Fernando III.
No caso do San Mauro, os comensais desfrutaban tamén dunha sorpresa, unha actuación dun neno que interpretaba unha peza co saxo para o seu avó, que estaba de cumpreanos e sopraba, a continuación, as candeas da tarta.
Fotos: O SIL.