
A Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) organiza o vindeiro xoves 10 de abril a xornada presencial titulada “Novidades Normativas IRPF 2024”, enmarcada no programa Aevaemprégate VII, e que conta coa colaboración da Deputación de Ourense.
A cita terá lugar ás 19:00 horas no Salón de Actos do Edificio Multiusos do Concello do Barco de Valdeorras, e estará dirixida por Miguel Ángel Garrido Gómez, administrador da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) no Barco de Valdeorras, quen abordará as principais actualizacións lexislativas que afectan o Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) no exercicio 2024.
A asistencia a esta xornada é gratuíta para as persoas asociadas a AEVA, e requírese inscrición previa. O prazo para reservar praza finaliza o mércores 9 de abril ás 14:00 horas.
“Esta acción enmárcase no labor de AEVA de ofrecer formación actualizada e de calidade para apoiar a xestión empresarial e o coñecemento normativo entre o tecido económico de Valdeorras”, comentan dende a asociación.
Para máis información:
https://www.empresariosdevaldeorras.com/ ou o correo aeva@empresariosdevaldeorras.com ou chamando ao teléfono 988 32 11 50.