ConcellosFolgoso de CaurelÚltima hora

As obras de reforzo na ponte sobre o Lor en Folgoso suporán cortes de tráfico na LU-651

 

A execución das obras de reforzo na ponte sobre o río Lor fará necesario o corte de tráfico na estrada LU-651 a partir do vindeiro mércores. Este corte total da estrada estará activo desde o mércores ás 9 horas ata o domingo ás 18 horas, aproximadamente.

Estas actuacións son necesarias para reforzar a seguridade e a vialidade de xeito eficiente na ponte, dado o incremento de tráfico pesado debido á execución das obras de mellora da estrada entre Ferrería Vella e Seoane do Courel que está a acometer a Xunta. Estes traballos preventivos desenvolveranse na citada ponte, á altura do punto quilométrico 27,18.

Para facilitar os desprazamentos entre Folgoso do Courel e Seoane durante o corte haberá itinerarios alternativos. Así, poderase tomar en Folgoso a estrada LUP-4701, cruzando o río Lor na ponte de Baldomir, e a 4,5 km, collendo o desvío por unha estrada local cara Eiriz e Lousadela, onde se tomaría a LU-P-1306 cara a Seceda e Sobredo ata volver á LU-651, á altura de Mogoxe.

Para acceder a Seoane, especialmente os vehículos pesados, tamén poden optar por diferentes opcións, en función da orixe. Poderán acceder pola estrada provincial LU-P-1301 que penetra no concello polo norte, procedente de Hospital, en Pedrafita do Cebreiro; ou acceder pola LU-P-5601, por Lóuzara e Meiraos. Outra ruta é utilizar a LU-P-1303, que provén do leste e do sur, procedente de Quiroga, por Ferramulín, Hórreos e Visuña.

Os accesos tanto a Ferreirós de Arriba como a Ferreirós de Abaixo desde Folgoso do Courel non se ven afectados. Do mesmo xeito, os accesos desde Seoane á Ferrería Nova, Ferrería Vella e Mercurín tamén permanecen operativos.

Cómpre lembrar que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a avanzar na execución dos traballos que permitirán o ensanche e mellora da estrada autonómica LU-651 entre Ferrería Vella e Seoane, no municipio de Folgoso do Courel, nos que inviste 3,4 millóns de euros.

Ademais, a Xunta vén de licitar a redacción do proxecto da 2ª fase do acondicionamento da LU-651 entre Folgoso do Courel e Seoane, dándolle continuidade ás obras en execución nesta vía autonómica, actuando entre os puntos 21+600 e 29+750, cun orzamento de máis de 6 M€.

Plano cos itinerarios alternativos:

Artigos relacionados

Back to top button