ConcellosParada de SilÚltima hora

As pasarelas do Mao (Parada de Sil), pechadas polos destrozos causados polo temporal

 

A caída de árbores por do temporal dos últimos días provocaba importantes destrozos nas pasarelas do río Mao, en Parada de Sil, polo que o alcalde deste municipio, Aquilino Domínguez, anunciaba, tras visitar o lugar, que se vén de proceder ao seu peche.

 

 

Dende o Concello de Parada de Sil sinálase que se “debe priorizar a seguridade dos visitantes sobre calquera outra cousa polo que se prohibe o acceso ás mesmas. No día de hoxe xa se contactou coa empresa encargada doutras repacións no lugar para que, unha vez remate o temporal, se poidan levar a cabo as reparacións necesarias para poder abrila o antes posible, prantexandose dende o concello a necesidade de facer unha profunda limpeza de ramas que pon en peligro este fermoso percorrido convetido nunha icona da Ribeira Sacra”. Esa limpeza está previsto que se faga neste inverno.

Así mesmo, dende o Concello de Parada de Sil reiteran en que “ata novo aviso, que se fará público nos medios e en redes, non se pode acceder as pasarelas do Mao”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button