ConcellosManzanedaÚltima hora

As piscinas de Manzaneda abren ao público este sábado con entrada de balde

Ademais dende inicio da semana atópase aberto o servizo "Concilia Verán:Criando en Igualdade" en sistema de xestión compartida dos concellos de Manzaneda e Vilariño de Conso por segundo ano consecutivo

 

As piscinas municipais de Manzaneda abrirán ao público o sábado 29 de xuño en horario de 12:00 a 20:00 con entrada de balde. O acceso dende patio do CEIP de Manzaneda ofrecen un cómodo aparcamento. O servizo de cafetería estará aberto dende o luns 1 de xullo. Nestas infraestruturas públicas poderás gozar da piscina municipal, do polideportivo e de pistas deportivas.

Ademais dende inicio da semana atópase aberto o servizo “Concilia Verán:Criando en Igualdade” en sistema de xestión compartida dos concellos de Manzaneda e Vilariño de Conso por segundo ano consecutivo, en horario de 9.00 a 14.00 horas e cunha duración ata o 6 se setembro. Realizaránse certas actuacións de convivencia grupal e viaxes con actividades de esparexemento grupos de sendos concellos.

O servizo e actividades financianse a través do plan Corresponsables de ámbito local financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade.  Aínda se está a tempo de inscribir as rapazas e rapaces cubrindo o formulario de inscrición e entregando no Concello.

Fotos cedidas.

Back to top button