ConcellosQuirogaÚltima hora

As plantas silvestres e a experiencia de Carol de “Malas hierbas”, no segundo “faladoiro” de Quiroga

 

“Plantas silvestres, o botiquín da nosa terra” é o tema sobre o que versará o segundo “Faladoiro” organizado pola Concellería de Servizos Sociais, e que terá lugar na tarde do mércores, a partir das seis da tarde, nas instalacións do Centro Social de Quiroga.

O Faladoiro é unha iniciativa da Área de Servizos Sociais do Concello de Quiroga que busca crear un espazo de socialización e de coñecemento, na que partindo dun tema a tratar e dunha persoa convidada, os asistentes poden intervir para coñecer máis á relatora ou relator, para aprender, e incluso para contar as súa experiencias.

A convidada deste mes, Carol de ‘Malas hierbas’. Esta moza, que ten raíces en Ribas de Sil, un bo día decidiu vir de Barcelona apostando pola vida no rural. Dende hai un tempo vive en Torbeo e impulsa un proxecto que pon en valor o poder curativo das plantas.

 

Na sesión do vindeiro mércores, acompañada polo concelleiro, Xosé Manuel Fernández Montes -exercendo de moderador-, Carol exporá como chegou a Galicia e o seu descubrimento das plantas da súa contorna. A partir de aí, irase coñecendo moito máis sobre o uso das plantas, dende tempos pasados nas aldeas ata a súa recuperación ata a actualidade.

Ademais, Carol falará sobre o poder de sanación e os métodos de utilización das plantas; á vez que recomendará libros para iniciarse no seu coñecemento.

Artigos relacionados

Back to top button