
O salón de actos do edificio Multiusos do Barco acollía a partir das 19h. da tarde deste 10 de abril a xornada “Novidades Normativas IRPF 2024”, impartida por Miguel Ángel Garrido Gómez, administrador da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) no Barco de Valdeorras.
No seu decurso Garrido explicaba as principais actualizacións lexislativas que afectan o Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) no exercicio 2024.

Esta actividade estaba organizada pola Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), dentro do programa Aevaemprégate VII, que conta coa colaboración da Deputación de Ourense.
“Esta acción enmárcase no labor de AEVA de ofrecer formación actualizada e de calidade para apoiar a xestión empresarial e o coñecemento normativo entre o tecido económico de Valdeorras”, comentan dende a asociación.
Fotos: Carlos G. Hervella.
