Un total de 554 usuarios de residencias de maiores de Galicia están infectados polo coronavirus, segundo os datos que vén de facer públicos a Consellería de Política Social, é que corresponden á ultima hora do venres 3 de abril.
No caso da provincia de Ourense son un total de 199, distribuídos nos seguintes centros: a Residencia Nosa Sra. de Fátima de O Barco de Valdeorras ten 22 casos de maiores con coronavirus, na Residencia de Castro Caldelas son 7, ademais dunha persoa falecida; 43 en San Carlos (Celanova), ademais dunha persoa falecida; 1 na Res. Lecer Avoíños (Coles), 106 en Ntra Sra de La Esperanza, San Rosendo (Ourense), ademais de seis persoas falecidas, na 8 Res. Divino Maestro, San Rosendo (Ourense), ademais dunha persoa falecida; 1 na Res. Galisenior (Ourense), 1 na Res. DomusVi Pereiro (O Pereiro de Aguiar) e 1 na Res. Ramirás (Ramirás).
Tamén se rexistran 194 positivos entre os traballadores destes centros en Galicia. No caso concreto da provincia de Ourense os datos son os seguintes: 1 na Residencia Alvetus (Avión), 4 en Nosa Señora de Fátima (O Barco), 3 na Res. de Castro Caldelas, 18 en San Carlos (Celanova), 3 na Res. San José, Hermanitas (Ourense), 34 en Ntra Sra de La Esperanza, San Rosendo (Ourense), 5 na Res. Divino Maestro, San Rosendo (Ourense), 1 na Residencia Os Gozos (O Pereiro de Aguiar) e 1 na Residencia Maiores A Porqueira.
Dende Política Social tamén se indica que o 3 de abril “rexistráronse cinco novos falecementos en centros residenciais de maiores: unha persoa Na residencia Remanso Claudina Somoza (A Coruña), dúas persoas en Nuestra Señora de la Esperanza (Ourense) e dúas persoas en Dosmuvi Barreiro”.