Seadur (Larouco) vive neste Sábado Santo, unha xornada moi especial coa celebración da 20ª edición da ruta “As Covas de Seadur”, un percorrido que combina a cultura vitinícola coa gastronomía e a festa e que nesta edición reúne, segundo as primeiras informacións, a unhas 1.800 persoas.
Pese a chuvia, multitude de persoas se daban cita a partir das seis e media da tarde nesta celebración. Entre elas estaba o director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, que acudía acompañado por outras autoridades como a alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela, e o director do Agacal, Martín Alemparte.
Os participantes podían degustar, viños acompañados de diversos petiscos como empanada, tortilla de patacas, diversos bocadillos, orella ou callos, entre outros. Non faltaba tampouco a animación musical nunha ruta que ten previsto pechar arredor das 22:30h.
Para velar pola seguridade nesta ruta contábase cun operativo no que participaban as agrupacións de Protección Civil de Petín, A Rúa, Trives, Vilamartín, Larouco e Manzaneda.
Fotos: Carlos G. Hervella.