ConcellosSen categorizar

Asfaval abre as portas do centro de día no Barco

A infraestrutura leva tempo rematada e dispón dun total de 15 prazas

Asfaval1

Asfaval2

Despois de moito loitar por manter o servizo, o 15 de maio a Asociación de familiares de personas con discapacidade intelectual de Valdeorras (Asfaval), abría as portas do centro de día nas instalacións da urbanización Las Huertas de O Barco. De momento facíao cun único usuario, David, pero a presidenta Amelia Blanco confía en que a partires de setembro sexan algúns máis os que acudan ao centro, que conta cun máximo de 15 prazas.

Asfaval xestiona dende hai anos o centro ocupacional (antes ubicado en Vilamartín) no que xa atenden a 15 usuarios “temos xente de idade moi dispar e necesidades moi diferentes, e a apertura do centro de día dará cabida aos que o necesiten” explican dende o centro, porque mentres o ocupacional ten un labor máis formativo para lograr a integración social e laboral, o centro de día ofrece unha atención máis personalizada e individual, en función das necesidades de cada discapacitado.
O horario do centro será de 9 a 17h. con comida incluída (igual que o taller ocupacional) aínda que de momento, David está só pola mañá.

Dende Asfaval son conscientes de que teñen que ir pouco a pouco dotando ao centro de máis profesionais porque son moitas as necesidades dos discapacitados. De momento contan cunha traballadora social con plus de dirección, unha psicóloga, dúas monitoras de taller-condutoras e unha cociñeira.

Entre as actividades que están desenvolvendo dende o centro ocupacional, están a recollida de aceite e un obradoiro de sublimación, á parte dos que teñen habitualmente.

Co obxectivo de seguir recadando fondos, en xullo celebrarán un partido benéfico coa Ponferradina e equipos do Barco, así como un novo programa de respiro familiar.

O mesmo día da apertrua oficial do centro de día, Asfaval celebraba a asemblea de socios na que se analizaban as contas da asociación.

 Os resultados do último exercicio mostran que o colectivo vai polo bo camiño, rebaixando a débeda que arrastra dende hai anos con motivo da construcción da actual sede con residencia incluída que supuxo un investimento de 1,1 millones de euros e dos cales só quedan pendentes uns 23.000 euros.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button