ConcellosVídeos

Así sonaba a proba de sirenas aviso á poboación das presas en Valdeorras

 

Este martes facíase unha activación de proba das sirenas de aviso á poboación en diferentes presas con Plan de Emerxencias. Entre elas estaban as de Casaio e Pumares (Carballeda de Valdeorras) e as de Santa Eulalia (O Bolo, Petín, Ribas de Sil). O son das súas sirenas pode escoitarse nestes vídeos, cuxa cesión agradecemos aos nosos lectores.

 

 

En total está previsto que entre hoxe e mañá se activen probas das sirenas de aviso á poboación adscritas a 39 presas. Durante a proba sonora activaranse máis dun cento de sirenas situadas por todo o territorio coa colaboración dos titulares das infraestruturas, isto é, Alúmina, Emalcsa, Endesa, Iberdrola, PHG, Naturgy, Xeal e Augas de Galicia.

 

 

Tamén participará persoal dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, así como membros de Protección Civil dos concellos afectados, xunto con persoal da Confederación Hidrográfica Miño Sil.

Estas probas non afectarán á actividade diaria da veciñanza. En calquera caso, a poboación dos lugares nos que o aviso será audible será informada da proba e das medidas de autoprotección previstas en caso de emerxencia.

Vídeos cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button