ConcellosManzanedaÚltima hora

Ata sempre Aquilino

Versos escritos por Sofía Pérez Prieto cando se cumpre un mes do falecemento do seu pai, Aquilino Pérez de Bidueira (Manzaneda)

Aquilino Pérez Prieto./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Marchaches un día de xaneiro
Sen facer nada de ruído
En vésperas de que empezase
O teu carnaval querido

Cantas fuliadas na cabeza
Son as que levas contigo
Versos tan bonitos
Que recordaremos con cariño

Facías incluso bombos
Actuabas de paiaso
E pedías eses permisos
Sempre dirigindo o cotarro.

Falabas dos antepasados
En moitos dos teus versos
Ahora co noso corazón roto
Xa no ceo te están vendo .

Este ano escoitei desde casa
Os de Bidueira en Requeixo tocar
Mandei un gran bico o ceo
Por se os estabas a escoitar

Intentaremos seguir co legado
Que con amor nos enseñache
Por ti e por moitos máis
Trataremos de que o fulión non se acabe.

Fuches un home moi sabio
Sen apenas estudiar nada
Sabías moito de todo e
Nunca poñías mala cara

Amante das amistades
Solo querías ver o comedor cheo
Ver os amigos e a familia cerca
Abondábache para estar contento

Disfrutabas dos teus veciños
Nos traballos e no botellón
Por desgracia xa estades varios no ceo
Oxalá sigades de celebración

Tiveche medo na pandemia
Pero decías que non era a finar
Era a que esa túa querida xente
Non te poideramos acompañar.

E vaia se tiñas razón
Se dúas iglesias tú solo enchías
Fucheste por todo o alto
Tal e como tú querías

O Barreiros e a malladora
non van a quedar no olvido
Ti xa non estarás presente
Pero sempre no corazón dos teus fillos

Sabías ata de presas
Na do Bao e na de Belesar
Moito falabas delas
E ata de visita te levaron para recordar

Xa de jubilado,
A viña era a túa pasión
Moito sufrías pensando
Se en San Vicenzo caira un trebón

Tamén eras cazador
Pero solo caza menor
Gustabache ir os conejos
O do jabalí nunca che tirou

Con traballo e con amor
Aos cinco nos criastes
E os bos valores da vida
Son os que nos inculcastes

Cantas cousas nos enseñache,
E canto cariño trasmitías
Sempre cun vaso de viño pronte
Cando viña algunha visita

Celebramos moitos eventos,
E tú siempre emocionado
Unidos como ata agora
Xuntos te seguiremos recordando

E con esto me despido,
Ata a sempre querido papá
Axúdanos a ser coma ti
Que jamás ninguen te olvidará !

Versos escritos por Sofía Pérez Prieto de parte da súa familia cando se cumpre un mes do falecemento do seu pai, Aquilino Pérez de Bidueira (Manzaneda).

Back to top button