DeportesÚltima hora

Atletas das Escolas Deportivas de Trives estrean o 2025 no galego de campo a través

Martín Rey, no galego de cross na Rúa.

 

Entre os arredor das 450 atletas que participaban ao longo da mañá do 4 de xaneiro no Campionato galego de campo a través individual e de clubs que se desenvolvía no circuíto do Aguillón (A Rúa), había dous corredores das Escolas Deportivas de Trives.

Así, Martín Rey Lage tomaba a saída na proba Sub20-18 cun percorrido de 5,2 km, na que entraba no posto 87, cun tempo de 21 minutos; mentres que Marcos Basalo González quedaba no posto 70 na carreira dos Sub16 (4 km), cun rexistro de 17:43. Deste xeito estreaban este 2025 estes dous atletas, que na competición visten a camiseta do Club Adas Cupa do Barco.

Fotos cedidas.

 

Marcos Basalo, durante a carreira no circuíto do Aguillón.
Back to top button