OurenseÚltima hora

Atopado un home falecido tras sufrir un accidente co tractor que manexaba en Vilardevós

 

Ás 23 horas da pasada noite o 112 Galicia recibía o aviso de que un,home saíra da súa vivenda no lugar Berrande, pertencente ao concello de Vilardevós, a primeira hora da tarde co seu tractor e que aínda non voltara.

“Inmediatamente desde o 112 Galicia solicitouse a colaboración dos axentes da Garda Civil e dos efectivos de Protección Civil, pero foi un veciño o que atopou o corpo do home. Segundo indicaban, o tractor caera por unha ladeira e o home atopábase nunha zona de difícil acceso”, tal e como informa o 112 Galicia, que procedía a solicitar a intervención dos bombeiros de Verín e do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, “os cales cando se rescatou o corpo só puideron confirmar o seu pasamento”.

Back to top button