
Na mañá deste venres 15 de agosto atopaban a unha persoa falecida nunha piscina no municipio de Carballeda de Valdeorras.
Tal e como informan dende o 112 Galicia o aviso chegaba por parte dun particular arredor das 11 horas. “Segundo indicou, acudira á piscina en Riodolas e divisara a unha persoa flotando nela”. Sen agardar, o CIAE 112 Galicia informaba ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que se mobilizaba ata o lugar pero “só puido confirmar o falecemento da persoa”.
Ata a zona desprazábase tamén a Garda Civil.