ConcellosTrivesÚltima hora

Atopan falecida a unha anciá que estaba desaparecida en Trives

 

O 112 Galicia recibía esta madrugada, en concreto ás 00:30h., o aviso da desaparición dunha anciá en Trives, despois de que levase desde xoves sen ser vista polos seus achegados. Desde o CIAE 112 avisouse ao GES de Castro Caldelas e ao GES de Quiroga, á Garda Civil, e ás agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da Pobra de Trives, de Quiroga e de Chandrexa de Queixa.

“O dispositivo de búsqueda atopaba esta mñá á muller desaparecida nun camiño preto do pobo de San Fiz. A persoa estaba falecida e os equipos de emerxencias nada puideron facer pola súa vida”, segundo informa o 112 Galicia.

Back to top button