Un cadáver foi achado, na tarde de onte, dentro dun vehículo nunha vía de servizo da N-525 que comunica con Rabo de Galo, en Ourense. Segundo informaron fontes de emerxencias, tiveron coñecemento cara ás 19:50 horas, cando o copiloto alertou da emerxencia.
Segundo fontes policiais, o falecido era un home de 54 anos que padecía epilepsia e problemas de alcolismo. As mesmas fontes aseguran que o finado era o copiloto do vehículo.
Dende Emerxencias indican que o persoal sanitario non puido conseguir salvar a vida da vítima a pesar de practicarlle as manobras de reanimación. Reiteran que os efectivos contaron que o condutor do coche abandonou o lugar cando chegaron eles. O cadáver xa foi levantado e trasladado ao CHUO para a súa autopsia. Polo momento, dende a Policía puideron confirmar que non presentaba signos de violencia.
Os Corpos de Seguridade están levando a cabo unha investigación para esclarecer as causas do suceso.