OurenseÚltima hora

ATOX propón unha xornada de deporte para loitar contra as drogas

A asociación celebrará o Día Internacional da Loita contra a Droga o 26 de xuño
A asociación prepara unha andaina solidaria.

A Asociación Ourensá de Axuda ao Toxicómano (ATOX) presentou hoxe, 23 de xuño, a programación dos actos organizados con motivo do Día Internacional da Loita contra a Droga, que se celebrará o vindeiro luns, 26 de xuño. Baixo o lema “Rompe barreiras, se libre”, teñen planeado unha serie de actividades deportivas que se levarán a cabo no Pavillón dos Remedios, así como unha marcha solidaria.

A delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, salientou na presentación de hoxe, 23 de xuño, que hai anos que a Xunta vén de colaborar con esta entidade, que levan máis de 29 anos no campo das toxicomanías. Explicou que a colaboración é transversal dende distintos departamentos autonómicos.

O obxectivo dos actos organizados por ATOX é “sensibilizar á poboación en xeral da problemática da droga”, dixo Díaz Mouteira, a través dunha manifestación cidadá en apoio a este colectivo.

Segundo o último estudio de consumo de drogas en ensinanzas secundarias, Estudes 2014-2015, colaborado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, reflíctese unha mellora considerable da actuación dos consumos de drogas con respecto ás anteriores mostras.

Os resultados deste estudo apuntan un descenso do consumo de substancias de todas as clases, agás de cocaína, que se mantén estabilizado. A idade media de inicio no consumo de drogas sitúase nos 14 anos, e o alcol é a droga máis consumida, seguida polo tabaco e o cannabis. Cómpre salientar tamén a alta porcentaxe de poboación que consume alcol en “atracón” (máis de cinco bebidas alcólicas en menos de dúas horas) achegando ata case un 32%.

 

Artigos relacionados

Back to top button