Arredor das 18:15h. deste 25 de outubro producíase un atracto no estanco situado no Paseo do Malecón do Barco, unha zona moi céntrica e concorrida da vila. Unha persoa encapuchada entraba no establecemento e ameazaba ao seu responsable, levándose o diñeiro que había nese momento.
Ata o lugar desprazábanse de inmediato a Policía Local e a Garda Civil, que investigan os feitos.