EconomíaEconomíaSen categorizarÚltima hora

Aurelio Gómez reúnese coa directiva do Barco CCA

Un dos momentos da reunión./ Foto: Carlos G. Hervella
Un dos momentos da reunión./ Foto: Carlos G. Hervella

O presidente da Federación de Comercio de Ourense, Aurelio Gómez, viaxaba na tarde do 9 de abril a Valdeorras. Facíao respondendo a unha invitación do Barco Centro Comercial Aberto. Así nesta visita mantiña un encontro coa xunta directiva do CCA barquense na que puido coñecer a realidade económica da zona, así como as accións e iniciativas que se están a desenvolver dente esta entidade.
Asemade no encontro abordouse a posibilidade de traballar en proxectos conxuntos entre o CCA e a federación ourensá.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button