A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) ten activado un aviso amarelo por tormentas e chuvias en toda a provincia de Ourense a partir das 14h. e ata a medionoite. Espérase unha precipitación acumulada nunha hora de 25 mm. cunha probabilidade entre 40%-70%.