
Turismo de Galicia vén de resolver a concesión da liña de axudas a 67 concellos galegos de menos de 10.000 habitantes coas que a Xunta de Galicia pretende impulsar e consolidar a actividade turística do rural galego ao tempo que promove a diversificación turística polo territorio da comunidade. En total, o Goberno galego inviste 2M€.
Entre os beneficiarios inclúense iniciativas de sinalización turística de sendeiros, a posta valor de conxuntos patrimoniais culturais, a construción de miradoiros, o acondicionamento de recursos culturais, patrimoniais e paisaxísticos e melloras de infraestruturas turísticas. Ademais, tamén hai actuacións de mellora das infraestruturas turísticas e da iluminación e acceso aos recursos turísticos do municipio xunto coa recuperación de elementos patrimoniais locais como fontes ou muíños, entre outros.
Na provincia de Ourense, a axuda concedeuse a un total de 31 concellos: Esgos, Xunqueira de Espadanedo, Verea, Maside, Oímbra, Bande, Vilar de Barrio, O Bolo, Allariz, Arnoia, Larouco, Sandiás, Cualedro, Muíños, Lobios, A Peroxa, Castrelo do Val, A Merca, A Veiga, Carballeda de Valdeorras, A Teixeira, Leiro, Petín, Vilariño de Conso, Ribadavia, Melón, Lobeira, Montederramo, Castrelo de Miño, Cartelle e A Gudiña.
En total concédese 16 axudas a outros tantos concellos da provincia de A Coruña, sendo beneficiarios os municipios de Corcubión, Cee, Santiso, Cabana de Bergantiños, Muxía, de Cabanas, Mesía, Arzúa, Brión, Toques, Dumbría, Coristanco, Touro, O Pino, Padrón e Laxe.
En Lugo, os 14 concellos beneficiarios son O Incio, Xove, Begonte, Samos, Bóveda, Riotorto, Alfoz, Ribeira de Piquín, Cospeito, Lourenzá, Pantón, Chantada, A Pastoriza e Trabada.
Finalmente, os 6 concellos beneficiados na provincia de Pontevedra foron A Cañiza, Meis, Oia, Soutomaior, Forcarei e Fornelos de Montes. O Diario Oficial de Galicia publicará proximamente a relación de beneficiarios.
Foto: O SIL.