ConcellosOurenseSen categorizar

Axudas para a promoción da igualdade nos concellos ourensáns

O programa deste ano,publicado no DOG do 7 de maio, vén de ser presentado na cidade de Ourense
Un dos momentos da presentación das axudas.
Un dos momentos da presentación das axudas.

Apoiar e consolidar as actuacións que se están a levar a cabo desde as administracións locais en materia de igualdade, de prevención e eliminación da violencia de xénero, de conciliación así como tamén apoiar a Rede de Centros de Información ás Mulleres existentes en Galicia, que suman un total de 80. Este é o obxectivo da convocatoria de axudas e subvencións ás entidades locais para a promoción da igualdade, que acaba de ser publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Esta liña de axudas era presentada na mañá do 7 de maio en Ourense da man da secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella.
O seu orzamento é de 3,4 millóns de euros, cofinanciados ao 80 por cento polo Fondo Social Europeo.

A convocatoria é en réxime de concorrencia competitiva e está destinada tanto a entidades locais que presenten as súas solicitudes de xeito individual como mediante o sistema de xestión compartida. As bases reguladoras seguen a priorizar, ao igual que o ano pasado, as solicitudes presentadas conxuntamente, concedéndolles maior puntuación pasando dos 30 puntos da anterior convocatoria aos 40 puntos concedidos na actual.

A convocatoria deste ano engloba os mesmos programas de colaboración coas entidades locaisque os contemplados nas anteirores: a promoción da igualdade entre homes e mulleres e prevención da violencia de xénero; o fomento da conciliación; e o apoio aos Centros de Información ás Mulleres (CIM).

Neste acto a secretaria xeral de Igualdade estivo acompañada polo delegado da Xunta de Galicia en Ourense.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button