A expedición 2024 da Ruta Quetzal “Do camiño da Prata a Ribeira Sacra” dirixida por Iñigo de la Quadra-Salcedo fillo de Miguel de la Quadra-Salcedo fixo parada entre os día 9 e 10 de xullo nos concellos de Chandrexa de Queixa e Manzaneda. O equipo conformado polos monitores e a mocidade seleccionada (douscentos mellores expediente académicos de mozas e mozos de entre 15 e 16 anos de toda as Comunidades Autónomas), desembarcaba o día 9 de xullo na Ribeira Sacraa accedendo polo concello de Chandrexa de Queixa.
Ese primeiro día comezaba con algunha complicación. Ao pouco de iniciar a andaina pola ruta do “Río Dorelle” tivemos que dar volta por mor do mal tempo. Con todo, a marea de “pitiños amarelos” camiñou cara Espasa e o acontecido en dito pobo quedou no corazón de todas e todos. O contacto cos oficios e costumes tradicionais (cocer pan en forno comunal, lavar roupa en lavadeiro público e o faladoiro cos maiores) e coas prácticas gandeiras de vacún e de apicultura conseguiron poñer en valor os nosos pobos e as nosas xentes, entre moitos mozas e mozos que descoñecen totalmente a vida do rural.
O día remataba cunha presentación de sendas xornadas na Ribeira Sacra: Iñigo de la Quadra-Salcedo e Alexandra Seara, xerente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, explicaron os motivos da elección do concello de Chandrexa de Queixa e do Concello De Manzaneda como as dúas paradas da expedición 2024 da Ruta Quetzal na Ribeira Sacra.
Alexandra Seara detallou o Plan de Sostibilidade Turística en Ribeira Sacra (financiado pola Secretaría de Estado de Turismo, a Axencia Turismo de Galicia e o Consorcio de Turismo) e repasou o estado da candidatura a Patrimonio da Humanidade da Ribeira Sacra en relación a usos e elementos da auga.
A presentación incluíu a benvida e discurso do alcalde Chandrexa de Queixa que exercía de anfitrión o día 9 e o discurso de Amable Fernández Basalo, alcalde do Concello de Manzaneda, que exercía de anfitrión ao día 10 de xullo no seu termo municipal. Ambos alcaldes recibiron das mans de Íñigo de la Quadra Salcedo a placa que os conmemora como concellos integrantes da expedición 2024 Ruta Quetzal.
No acto de presentación tamén participaron o arquitecto Luis Alvarez e o enxeñeiro agrícola Enrique González López como técnicos que cooperaron na organización e desenvolvemento das actividades. O día 9 remataba co visionado da expedición 2024 do partido de fútbol España-Francia de semi-finais da Eurocopa.
Ao día seguinte no edificio do centro de día de Manzaneda interviñan, Cecilio Santalices Xefe Territorial en Ourense da Axencia Turismo de Galicia cunha contextualización da elección e dos valores de sendos concellos.
A continuación, o alcalde de Manzaneda Amable Fernández xunto co técnico agrícola municipal Enrique González, fixeron unha presentación sobre conceptos de desenvolvemento rural e a problemática, retos, oportunidades e valores do concello de Manzaneda e dos pobos de montaña. Antes de xantar, un percorrido interpretativo guiado polo Ben de Interese Cultural Muralla e Vila Medieval de Manzaneda.
Pola tarde partían a camiñar polo pobo de Seoane cara os viñedos do Val do Bibei na que os mozos coñeceron a configuración de socalcos da viticultura heroica da Ribeira Sacra e a conformación de antiguos lagares . Contemplamos alí as vistas panorámicas cara a adega “Dominio do Bibei” e “Finca Agraria a Mata” que inclúe actividades de viticultura, adega, vacún de leite. Tras este paseo polos viñedos, a mocidade gozou dun tempo de lecer e ocio na piscina municipal e na cancha polideportiva de Manzaneda.
Para rematar as actividades, ao atardecer visitouse o Alto da Escrita e o curro Chaira das Lamas no que os expedicionarios conmprenderon o sentido do bancos-miradoiros e columpio nesas localizacións e se desarrollou as vistas panorámicas trescentos sesenta grados dende o alto da Escrita e da singularidade do modelado granítico de tal pena; así como da práctica gandeira tradicional de silvopastoreo da serra e do uso dos curros polos pastores. As explicacións despertaron moito interese entre os participantes que realizaron diferentes preguntas a inquedanzas sobre o pastoreo e a relación pastor-lobo.
Unha ruta nocturna en descenso pola vía agropecuaria dende o curro Chaira das Lamas ao Momumento Natural Souto de Rozavales e regreso a vila de Manzaneda puxo fin a un intensivo programa de actividades. A Ruta Quetzal en Ribeira Sacra emmarcouse no Plan de Sostibilidade Turística en Ribeira Sacra.
