ConcellosÚltima hora

Pintado dos pasos de peóns da Valenzá na véspera das festas

O Concello de Barbadás acomete as actuacións en horario nocturno co obxectivo de “optimizar a execución” e “minimizar os efectos sobre o tráfico”
Imaxe dun dos pasos de peóns recén pintados en horario nocturno, na Valenzá.
Imaxe dun dos pasos de peóns recén pintados en horario nocturno, na Valenzá.

O Concello de Barbadás acomete o pintado dos pasos de peóns no núcleo urbano da Valenzá nas vésperas das festas patronais. E faino en horario nocturno co obxectivo de “optimizar a execución do traballo” e “minimizar os efectos sobre o tráfico rodado”. Así o sinalaban dende o goberno municipal, que o definían como “experiencia piloto” para efectivizar as obras na calzada.

As actuación foron levadas a cabo por un grupo de operarios municipais, que comezaron con catro pasos de peóns coa idea de completar coa rúa Cotelma, avenida de Celanova até a intersección coa rúa Porto do Río, a rúa que une a avenida coa Valenzá vella e até a glorieta da Familia. Indican que deste xeito tamén se evita a presenza de operativos policias e de protección civil no lugar.

Tamén con motivo das festas do San Bernabeu, o Concello está a ultimar os detalles do plan de seguridade que activará dende hoxe e até o vindeiro domingo 12. Segundo especificou o alcalde, Xoán Carlos Valcárcel, a vila contará cun despregue de até 25 voluntarios de Protección Civil, varios membros do corpo da Garda Civil e os efectivos da Policía Local, que farán quenda nocturna estes días. O obxectivo é velar por que se manteña a fluidez nos desprazamentos, nos que se prevé un importante incremento.

Artigos relacionados

Back to top button