Galerías de fotosOurenseÚltima hora

O Barbaña e Montelegre, epicentros do magosto de Ourense

Centos de persoas acudiron a estes dous puntos para celebrar a festividade ourensá por excelencia

O Barbaña e Montelegre foron na xornada de hoxe, 11 de novembro, os dous epicentros da celebración dos Magostos en Ourense. A capital das Burgas presume de celebrar esta festa como ninguén o fai, e boa conta diso deron os cidadáns acudindo en masa a estes dous puntos de referencia da festividade ourensá por antonomasia.

En Montealegre, centos de mozos, e non tan mozos, prendero as cacharelas dende primeira hora da mañá. Costelas, chourizos, carne… e, como non, viño. Todo foi pouco para festexar este gran día. Aínda que tampouco faltaron as castañas. Todas estas pequenas reunións de amigos fixeron que a contorna arrecendese ao aroma típico do Magosto: madeira queimada de piñeiro e castañas asadas.

O mesmo plan fixeron no Parque do Barbaña. Tamén centos de persoas agolpáronse neste área para celebrar a festividade. Incluso o programa “Aquí Galicia”, da TVG, quixo sumarse a este festexo. Bolos preñados, viño e castañas, foi o menú que serviron neste magosto organizado polo Concello de Ourense. Todos os asistentes formaron enormes ringleiras para poder degustar este suculento menú, que estivo amenizado, como non podía ser menos, por música tradicional e polas orquestras do programa “Aquí Galicia”.

Texto e fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button