CulturaCulturaMúsicaOurenseÚltima hora

Berrogüetto enceta a súa xira de despedida en Ourense

O espectáculo “Unha luz que non se apaga” preséntase na cidade das Burgas o 1 de xuño
Imaxe promocional do espectáculo.
Imaxe promocional do espectáculo.

Serán cinco concertos únicos cos que a formación galega Berrogüetto se despedirá dos escenarios, tras 18 anos de andaina musical. Así Anxo Pintos (zanfona, gaita, saxo soprano, violín e teclado), Guillerme Fernández (guitarras), Quico Comesaña (bouzouki, mandolina, arpa), Santiago Cribeiro (acordeón, teclados), Isaac Palacín (percusión), Quim Farinha (violín, niquelarpa) e Xabier Díaz (voz, gaita e percusión) afrontarán unha xira que leva por título “Unha luz que non se apaga” e que se encetará o vindeiro 1 de xuño ás 20:30h. no Teatro Principal de Ourense. Despois proseguirá por Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo e Vigo.

Trátase, en palabras do grupo, “dunha viaxe de retorno a Ítaca, a esa verde terra soñada da que se converteron en musicais embaixadores”. Nesta derradeira singladura estarán acompañados por “polisóns de excepción, todos cantos nalgún momento habitaron o Planeta Berrogüetto: o gaiteiro Fernando Pérez, tan relevante nos inicios; o primeiro violinista da banda, Paco Juncal; as cantareiras que participaron na gravación daquel seminal Navicularia, despois integrantes de Anubía”.

Ao longo destes concertos Berrogüetto repasará os temas incluídos na súa media ducia de traballos musicais: Navicularia (1996), Viaxe por Urticaria (1999), Hepta (2001), 10.0 (2006), Kosmogonías (2010) e Berrogüetto O pulso da terra (2011).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button