Bertolino trae a Ourense unha mostra fotográfica sobre Cenlle e o seu viño
3 de Outubro de 2016
O fotógrafo italiano inaugura a exposición “Cenlle: Terra, Xente, Viño” o mércores 5 ás 19 horas no Centro Cultural Marcos ValcárcelImaxe de Matteo Bertolino, o fotógrafo que exporá a mostra “Cenlle, Terra, Viño, Xente” en Ourense.
O Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense acolle dende este mércores, 5 de outubro, a exposición “Cenlle. Terra, Xente, Viño”, unha mostra fotográfica asinada por Matteo Bertolino que nace co obxectivo de dar a coñecer este municipio e os seus caldos. Poderá visitarse até o 23 de outubro e a súa programación tamén contempla catas de viños de adegas locais.
O Concello de Cenlle posiciónase como promotor desta iniciativa, que conta tamén coa colaboración da Asociación de Colleiteiros do Ribeiro e a Deputación de Ourense. Tamén participan unha decena de adegas da zona. Tras a súa exposición en Ourense, a mostra viaxará a outros puntos da xesografía española.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.