DeportesÚltima hora

Boa actuación dos atletas das Escolas Deportivas de Trives en Expourense

Participaban na 1ª Xornada Interzonal Escolar Pista Cuberta-Comarca Ourense

 

Moi satisfeitos e cuns destacados resultados voltaban os atletas das Escolas Deportivas de Trives da 1ª Xornada Interzonal Escolar Pista Cuberta – Comarca Ourense, celebrada onte en Expourense. En canto aos resultados, en Sub-10 Itziar Cid Cecilia facíase coa 2° mellor marca de Galicia, en 500, marca. 1’49″50; mentres que Alejandra Prieto Fernández lograba a 6° marca gallega (500) con 2’02″10 e Ainhoa Pérez Codesido a 9° mellor marca gallega (500), cun rexistro de 2’08″44.

En Sub-10 en 500 m Nicolás Conde Nogueira facía a 2° marca gallega, con 1’46″40; Unai Castro Méndez a 3° mellor marca gallega con 1’51″74, Iago García Alonso a 4º mellor marca galega con 1’54″00; mentres que Inés Fernández Fernández cun rexistro de 9’26 quedaba no13° posto galego e Ana Basalo González con 9’32 no 16° puesto galega. E na categoría Sub-12 en 500 m Tomás Rey Lage obtiña a 10° mellor marca galega con 1’45″36.

En Sub-12 peso (2kg) Martín Rodríguez González conseguía a 4° melor marca galega con 6:98, Aitor Garcia Peña en peso(3kg) lograba un resultado de 6’83 e o posto 10° no ránking galego, tal e como indicaba o adestrador das escolas, Tino Sierra, que tamén destacaba a Antón Prieto, Marcos Basalo e Paulo Efrén, polas suas probas de onte que, aínda que “non eran as suas cumpriron con creces”.

Ademais Sierra amosa o seu agradecemento aos pais e mais “que sempre están hai animando os nen@s sen descanso” e tamén ao Concello de Trives “polo seu apoio ao deporte” e ao Club Adas, co que están a competir novamente nesta tempada.

Fotos: Escolas Deportivas de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button