ConcellosÚltima hora

Bota a andar o obradoiro de emprego da Alta Limia para formar a 20 persoas

A cuarta edición do taller impatirá as especialidades de xardinería e albanelería a veciños de Sarreaus, Trasmirás, Sandiás e Vilar de Barrio
Foto de familia dos participantes que comezan o obradoiro de emprego da Alta Limia.
Foto de familia dos participantes que comezan o obradoiro de emprego da Alta Limia.

A cuarta edición do obradoiro de emprego da Alta Limia bota a andar co inicio do mes de setembro. A secretaria territorial da Xunta en Ourense, Silvia Dorado, visitou aos participantes da iniciativa, unha vintena de persoas desempregadas procedentes dos municipios de Sarreaus, Trasmirás, Sandiás e Vilar de Barrio que, ao longo de seis meses, formaranse en xardinería e albanelería.

Dorado acudiu acompañada do xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Tomás Paz, que comprobou de primeira man o desenvolvemento deste programa mixto de formación. Tamén asistiron a este acto os alcaldes que promoven a iniciativa.

Neste senso, a secretaria territorial da Xunta en Ourense destacou que esta cuarta edición da Alta Limia ten “un obxectivo claro: dar formación a persoas desempregadas para que logren reinsertarse laboralmente”. Así mesmo salientou a “colaboración institucional da Xunta coas entidades locais para que os obradoiros de emprego teñan continuidade na creación de postos de traballo no futuro”.

As principais actuacións que levaran a cabo os participantes será o mantemento, conservación e renovación do peche permitral da pista polideportiva de Lodoselo, a reparación do tanque de abastecemento de auga de Paradiña, actuacións no entorno do muíño e da piscina e restauración medioambiental de distintas zonas axardinadas, no concello de Sarreaus; o acondicionamento do local da antiga escola de Vilaseca e obras de xardinería en Viladerrei, Escornabois, Abavides, Chamusiños, Rabal, Vilaseca, Pardieiros, Lobaces, Zos, Vilardelebres, Soutelo, nas piscinas municipais e no entorno da Casa Consistorial, no Concello de Trasmiras; en Vilar de Barrio, o acondicionamento exterior da antiga casa do médico e interior da antiga casa do mestre e o acondicionamento da área recreativa existente diante das piscinas municipais. E en Sandiás, a obra de mellora na rampa de acceso e diversas actuacións no contorno do centro social de Cerredelo.

Artigos relacionados

Back to top button