EconomíaEconomíaÚltima hora

“Botelo Fest” no Skandalo do Barco, este sábado

Soará a música da man dos Dj Dani Argü, Motto, e Karayán

O local Skandalo do Barco de Valdeorras prepárase para ofrecer atractivos que contribúan ao gran ambiente que hai na vila co gallo da celebración da Festa do Botelo este sábado 18 de xaneiro.

Un deles foi participar na “XIV Ruta de Pinchos: O Barco vai de viños”. Faino ata este venres 17 de xaneiro cun petisco bautizado como “Amor a primera mordida”.  E xa pensando no día grande da Festa do Botelo, este sábado, o Skandalo convida a todo o mundo a vivir un espectacular  ‘Botelo Fest’ que se anuncia dende as 17:30 ata o peche do local. Unha sesión musical na que sonará a mellor música de antes e de agora da man dos seguintes DJ: Dani Argü, Motto, e Karayán. “O corpo pide skándalo e sábelo” di Javier Ferrer, xerente do local.

 

Back to top button