Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Brais Rodríguez (Our-O), seleccionado pola Federación Galega de Orientación para o CESA en idade escolar

 

O xove orientador barquense Brais Rodríguez Cruz, do club Our-O, vén de ser seleccionado pola Federación Galega de Orientación para representar á comunidade no Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) en idade escolar, que se celebrará entre o 19 e 22 de xuño nas cidades de Porto do Son e Santiago de Compostela.

Así o adiantan dende o club valdeorrés, explicando que neste campionato “participan os mellores deportistas de cada comunidade nas categorías infantil, cadete e xuvenil, sobre uns 400 representantes vindos de todas partes de España”.

Brais participará entre o venres e o domingo en 6 competicións: distancia longa, labirinto, Trail-O, distancia media, sprint e substitucións mixtos, din desde o club moi contentos coa evolución do seu “golden boy” ao que lle desexan a mellor das sortes.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button