
Sobresaínte actuación da selección española de atletismo na Copa de Europa de Lanzamentos que se desenvolvía na pasada fin de semana en Nicosia (Chipre). Os españois sumaban ao final ata catro medallas, igualando a súa mellor clasificación histórica.
Ás preseas colleitadas a nivel individual viñan da man da galega Belén Toimil en lanzamento de peso e de Marcos Moreno en disco Sub23. A elas sumábanse os bronce alcanzadas por equipos en mulleres Sub 23 e en homes absolutos. Precisamente nesa categoría absoluta masculina competía o martelista Kevin Arreaga, adestrado polo atleta e adestrador barquense Carlos Revuelta Parra, que asistía á proba como técnico.
De “histórica” cualificaba a Federación Española de Atletismo a actuación en Chipre, ao ser a primeira vez que se obteñen dúas medallas por equipos nunha mesma edición.