OurenseÚltima hora

Buscan familias en Ourense para acollemento permanente de tres menores

Cruz Vermella está a xestionar esta busca para dar fogar a rapaces de entre 10 e 15 anos
Cruz Vermella recadou onte fondos na cidade para proxectos para a infancia.
Cruz Vermella recadou onte fondos na cidade para proxectos para a infancia.

Cruz Vermella está a buscar familias en Ourense para o acollemento permanente de tres menores de entre 10 e 15 anos. Así o manifesta a organización a través dun comunicado, no que explica que o programa Familias Acolledoras precisa máis familias para dar resposta a novos casos, espescialmente acollementos permanentes ou de longa duración de adolescentes e preadolescentes, así como de grupos de irmáns.

Cruz Vermella leva xestionando este programa en Ourense dende 1996. Ao longo deste tempo, 297 menores teñen sido acollidos na provincia. Actualmente conta con 37 familias acolledoras pero buscan máis fogares para atender novos casos, os máis urxentes son tres menores de entre 10 e 15 anos de idade.

Onte a organización celebraba o Día da Bandeiriña na rúa do Paseo da cidade das Burgas. Alí, a través de voluntarios, recadou fondos para proxectos dirixidos á infancia.

Artigos relacionados

Back to top button