ConcellosÚltima hora

Búscase a Hum, unha cadela desaparecida en Viloira (O Barco) o domingo

 

Hum é unha fermosa cadela, raza pastor belga malinois, que desaparecía na mañá do domingo 8 de outubro durante un paseo que realizaba en compaña dos seus donos polo monte de Viloira (O Barco). Dende entón non se sabe nada dela. En concreto, esta cadela, que ten chip, desaparecía entre as antenas de telefonía e A Escrita.

A medida que pasan as horas aumenta a preocupación entre os seus donos, que piden que se alguén a ve, “por favor, se poña en contacto coas autoridades (Policía Local ou Garda Civil)” xa que a súa desapareción está denunciada. “Aínda que desapareceu nesa zona, se segue viva, pode estar en calquera sitio porque é moi veloz”, explican.

 

 

Back to top button