ConcellosMonforte de LemosÚltima hora

Cae unha avioneta en Monforte con dúas persoas a bordo

Imaxe de arquivo.

 

Arredor das cinco desta tarde o 112 Galicia recibía unha primeira chamada alertando de que un avión ultralixeiro caía fóra da pista de aterraxe do aeródromo de Monforte. No interior, ían dúas persoas, que saíron polos seus propios medios do aparello e presentaban lesións de diversa consideración.

Con esta información, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia activaron os protocolos correspondentes para que fosen mobilizados os seguintes recursos: Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Monforte, o Servizo Aéreo de Rescate do Exército do Aire, Aeroporto de Santiago Rosalía de Castro, Policía Nacional, Policía Autonómica, Guardia Civil, Policía Local e Protección Civil. Por parte de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, enviaron unha dotación a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense, aínda que, finalmente, os feridos puideron ser evacuados en ambulancia, segundo os datos feitos públicos polo 112 Galicia.

“O aparello caeu mentres realizaba as manobras de despegue. Como consecuencia do impacto, dúas persoas resultaron feridas, que foron evacuadas a distintos centros sanitarios despois de recibiren os primeiros coidados no mesmo lugar do accidente. Así, un dos feridos foi trasladado ao Centro de Saúde da localidade, mentres que o outro ingresou no Hospital de Monforte. Ambos estaban liberados e accesibles e presentaban lesións de diversa consideración. Igualmente, e como medida preventiva, os bombeiros retiraron o combustible almacenado do depósito da avioneta e quedou preparada para a súa convinte recollida”, segundo informa o 112 Galicia.

Así, os Bombeiros de Monforte aseguraron a zona mediante a aplicación de medidas preventivas tales como a retirado total do combustible almacenado na avioneta e a súa preparación para a correcta recollida e tratamento.

Artigos relacionados

Back to top button