OurenseÚltima hora

As cámaras de seguridade do supermercado das Lagoas recolleron todo o tiroteo

 

No vídeo de seguridade recollido polas cámaras do establecemento, vese claramente como Stefan G.U entra na tenda pola porta principal coa escopeta de caza. Nun primeiro momento vese como o home intenta disparar conta unha das cámaras de seguridade situada no lineal de bebidas alcólicas. Como non o consegue, tira todo o xénero polo chan e diríxese cara ao outro corredor. Finalmente, pódese apreciar como está a comer un plátano namentres o axente local, Carlos Pérez, intenta facelo entrar en razón. Pouco despois, as cámaras captaban cando o suxeito rendíase e os policías accedían ao local para detelo.

Artigos relacionados

Back to top button