
Ponse en marcha unha nova iniciativa solidaria de recollida de alimentos para familias necesitadas da zona de Valdeorras. “Unha vez máis, a xenerosidade dos valdeorreses servirá para conseguir que en ningunha mesa falte comida en datas tan sinaladas como o do Nadal. Para iso, no centro asistencial da Mutua colaboradora da seguridade social Fraternidad Muprespa no Barco de Valdeorras, instalouse, en colaboración con Cáritas Diocesana, unha caixa para a recollida de alimentos non perecedoiros con destino ás familias necesitadas”, explican os promotores da iniciativa.
Esta caixa permanecerá ao dispor de todos aqueles que queiran realizar a súa achega no horario de apertura deste centro (de 9:00h. a 14:00h. e 16:00h. a 18:30h. de luns a venres) ata o día 21 de decembro.