ConcellosQuirogaÚltima hora

Campionatos de cartas e bingo para dinamizar o Centro Social de Quiroga

 

Dende a Concellería de Servizos Sociais estanse organizando este mes de agosto tres actividades de lecer activo para fidelizar e atraer xente ao local social que xestiona o concello. O Centro Social de Quiroga celebrará o vindeiro xoves 31 de agosto un Campionato de Brisca que poñerá fin ás tres actividades que vén desenvolvendo na segunda quincena de mes.

Ata o mesmo día estará aberta a inscrición na cafetería do Centro Social e a partir das 17:00 h. celebraranse as partidas deste popular xogo de cartas. Quen gañe, dúas persoas, levarán de premio cadanseu menú no restaurante O Ferreiriño, e os subcampións cadansúa botella de viño cortesía da Bodega EDV.

En xornadas , o xoves 17 houbo un Campionato de Tute con gran éxito de participación. Os premios consistiron en menús no restaurante Aroza para a parella gañadora, e 2 botellas de viño da Adega Casa de Outeiro para os finalistas.

 

 

E o pasado xoves 24 celebrouse un Bingo. Os premios foron dous menús no restaurante A Botica para os primeiros que cantaron bingo e para os primeiros que cantaron liña dúas botellas de viño da adega local Lar de Ricobao.

Con esta iniciativa que impulsa a concellería de Servizos Sociais, que leva Xosé Manuel Fernández, búscase fomentar a relación entre veciños e veciñas do municipio, ademais de entreter e mellorar as capacidades cognitivas da xente que participa.

Artigos relacionados

Back to top button