A ruta pola adegas e bares da vila comezará ás oito da tarde e nela participarán media ducia de grupos musicais
Os cantos e a música tradicional envolverán a vila de Manzaneda na tarde e noite do vindeiro sábado 27 de abril. Esta localidade será escenario dunha nova edición dos “Cantos de bodega”. Os grupos participantes xuntaranse na praza do Concello a partires das oito da tarde e, dende alí, iniciarán un circuíto musical polas adegas e bares da vila. Nun principio está prevista a participación de sete grupos.
Esta iniciativa será organizada polo Concello de Manzaneda en colaboración coas asociacións culturais A Rebusca e Os Bertolini.