O Folión de Buxán (O Bolo) vive intensamente o Entroido, con rondas polo pobo, visitas pola contorna, ceas e moita troula coa que levan xa un mes. Un completo programa que inclúe unha data moi especial: a Ruta das Adegas.
A veciñanza celebrába a X edición no mediodía deste sábado 22 de febreiro percorrendo, a ritmo de folión, as diferentes adegas da localidade, onde se facían paradas para desfrutar de diversas viandas preparadas para a ocasión e tamén de disfraces e foliadas.
Fotos cedidas.