Os máis pequenos do municipio de Vilariño de Conso recibían con gran ilusión esta tarde a visita dos Reis Magos, recén chegados de Oriente, con agasallos e caramelos. Chegaban ás 17h. ao colexio, onde os nenos e nenas podían saudalos, falar con eles e mesmo entregarlles algunha mensaxe de última hora.
Despois, tanto Melchor, Gaspar e Baltasar como nenos e os seus familiares desfrutaban dunha actuación das Cantareiras Ailalás. Non faltaban tampouco os inchables para os rapaces e, ademais, había unha chocolatada acompañada do roscón de Reis da Panadería Guerra.

Ademais había unha mostra con postos de diferentes produtos. Esta actividade ten sido organizada pola Asociación Vive Vilariño en colaboración co Concello.
Fotos e vídeos: cedidos e O SIL.
