DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Carreira do San Bartoliño, o broche deportivo das festas en Trives

Nesta terceira edición, celebrada o 26 de agosto, competían medio cento de rapaces

Moitos ánimos, aplausos e medallas. Os máis pequenos convertíanse en protagonistas da III Carreira do San Bartoliño, que se desenvolvía a partires das sete da tarde do sábado 26 de agosto polo centro de Trives. A proba desputábase por categorías con diferentes distancias en función das idades.

Así os 50 nenos participantes agrupabánse por cateogrías en intervalos de dous anos, dende os máis cativos: 2015-2014, 2013-2012, 2011-2010, 2009-2008 e 2007-2006.

Todos os atletas recibían unha medalla ao finalizar esta cita, promovida polo Concello de A Pobra de Trives.

Fotos: Concello de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button