O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participaba esta mañá hoxe na entrega de diverso equipamento de emerxencias a 86 Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) doutros tantos concellos ou mancomunidades. Trátase de 8 remolques, 20 tendas de campaña para a atención ás emerxencias e 21 ferramentas eléctricas, así como 21 kits de material loxístico para a seguridade viaria e 16 de material para actuacións no medio acuático que suman un investimento superior aos 400.000 euros.
No acto, desenvolvido na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) participaron tamén o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e os delegados territoriais da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e en Pontevedra, Agustín Reguera, así como representantes dos concellos e das AVPC que recibiron as dotacións.
Os remolques entregados contan con electro bomba somerxible, motobomba para augas residuais, xerador de electricidade portátil, motoserra, rozadoira, torre de iluminación e kit de balizamento e sinalización. Pola súa banda, as tendas de campaña teñen teitos de 4×4 metros, estruturas reforzadas de aluminio e kit de iluminación de baixo consumo, entre outras características. En canto ás ferramentas eléctricas, o kit consta de amoladora, serra sable, motoserra con mochila para transporte, taladro percutor, miniarrancador, baterías e cargadores.
O material loxístico para a seguridade viaria inclúe unha mampara de protección visual plegable, soportes telescópicos antivento, pack de sinalización, tetrápodos con reflectantes, balizas sincronizables e lanternas. Por último, o kit de material para actuacións no medio acuático consiste nunha cadeira anfibia para adultos, unha táboa de rescate ríxida, un tubo de rescate e unha caixa de primeiros auxilios.
O equipamento entregado enmárcase na orde de axudas en equipamentos de emerxencias aos concellos, mancomunidades e agrupacións de concellos galegos de menos de 50.000 habitantes que conten con Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC). Dos 86 colectivos beneficiarios desta convocatoria, 25 son da provincia da Coruña, 9 da de Lugo, 28 da de Ourense e 24 da de Pontevedra. A actuación está cofinanciada pola Unión Europea, a través do programa Feder de Galicia.
Diego Calvo reafirmou o compromiso da Xunta cos servizos de emerxencias a pesar de ser competencia local -dos concellos de máis de 20.000 habitantes e das deputacións provinciais nos municipios de menor poboación-. Nesta liña, a Xunta realizou nos últimos anos un importante investimento para reforzar o equipamento aos servizos de emerxencias municipais. Só no caso de Protección Civil, as achegas dos últimos anos para o financiamento da súa actividade, equipamento e formación suman máis de 22 millóns de euros. De feito, neste ano, preto de 200 AVPC se beneficiaron da orde anual para gastos de mantemento, dotada con 340.000 euros.
1.- KIT FERRAMENTAS ELECTRICAS PARA A ATENCIÓN ÁS EMERXENCIAS
ALLARIZ
BARBADAS
BOBORÁS
CORTEGADA/PADRENDA
MACEDA
MANCOMUNIDADE DO RIBEIRO
MANCOMUNIDA DE TERRA DE CELANOVA
POBRA DE TRIVES (A)
2.- KIT MATERIAL LOXÍSTICO DE SEGURIDADE VIAL
AVIÓN
BOLO (O)
MANZANEDA
PETÍN
VERÍN
VILAR DE BARRIO
XINZO DE LIMIA
3.- REMOLQUE PARA ATENCIÓN ÁS EMERXENCIAS
MASIDE
SANDIÁS
4.- TENDA DE CAMPAÑA PARA AS EMERXENCIAS
AMOEIRO
BAÑOS DE MOLGAS
BARCO DE VALDEORRAS (O)
BEARIZ
NOGUEIRA DE RAMUÍN
PARADA DE SIL
RÚA (A)
SAN CIBRAO DAS VIÑAS
SAN CRISTOVO DE CEA
VIANA DO BOLO
VILAMARTÍN DE VALDEORRAS
(Ampliarase galería fotográfica).
Fotos cedidas.
