ConcellosÚltima hora

Case 125.000 euros na mellora da Rúa A Lama, en Oímbra

A alcaldesa asina un convenio coa Xunta para que o gobenro autonómico inclúa a reforma no Plan Hurbe
A alcaldesa de Oímbra (dereita), na firma do convenio coa conselleira de Medio Ambiente, en Santiago.
A alcaldesa de Oímbra (dereita), na firma do convenio coa conselleira de Medio Ambiente, en Santiago.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia investirá preto de 125.000 euros na mellora da Rúa A Lama, no Concello de Oímbra. Isto quedou plasmado tras a firma dun convenio por parte da alcaldesa do municipio, Ana María Villarino, e a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, nun acto que tivo lugar en Santiago de Compostela.

Segundo o proxecto, os traballos consistirán na reparación da rede de abastecemento de auga potable, na reforma e ampliación da canalización da rede eléctrica e de telecomunicacións e na instalación de rede de alumeado público. As obras completaranse coa nivelación da rúa e a pavimentación da mesma en pedra e formigón.

Previsiblemente, a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo procederá a licitar as obras nas vindeiras semanas. Este investimento inscríbese no Plan Hurbe, posto en marcha en 2010 polo goberno galego.

Artigos relacionados

Back to top button