OurenseÚltima hora

Case 50 locais da cidade súmanse ao certame de Pinchos de Outono

Dende hoxe e até o 12 de novembro, cidadáns e visitantes terán a oportunidade de degustar o outono
A oferta amplíase con 12 novos locais participantes. // Foto: Carlos Asensio.

Outono é sinónimo de pinchos na cidade de Ourense. A 10ª edición do Concurso de Pinchos Sabores de Ourense-Pinchos de Outono xa está en marcha dende hoxe, 30 de outubro, até o 12 de novembro. Este ano increméntase a participación con 46 establecementos, xa que 12 o fan por primeira vez nesta edición. O certame está convocado polo Concello de Ourense e a Unión de Hostaleiros Ourensáns (UHO).

A meirande parte están situados entre a zona do Ensanche e os Viños, aínda que tamén hai catro locais situados ao outro lado do Miño, no barrio da Ponte.

O importe máximo dos pinchos é de 2,50 euros. No eido dos premios, serán os 3 outorgados polo xurado profesional, os 3 concedidos polo público e o Premio Pincho Celíaco, outorgado pola delegación ourensá da Asociación Galega de Celíacos, ao que optarán todos os pinchos que non empreguen glute na súa elaboración.

Artigos relacionados

Back to top button