DeportesÚltima hora

Case un centenar de coches antigos danse cita hoxe en Ourense no XXIII Rally Ourense de Clásicos

O pelotón percorrerá diferentes puntos da provincia como Maceda, o Canón do Sil, Montederramo e Allariz
Os coches farán as verificacións no Centro Comercial Ponte Vella de Ourense.

Un total de 83 coches circularán pola provincia esta fin de semana dentro da XXIII edición do Rally Ourense de Clásicos.

O vicepresidente da entidade organizadora, Luis Aragonés, dixo onte, 1 de xuño, na presentación na Confederación de Empresarios de Ourense, que en primeiro lugar o percorrido abranguerá case toda a provincia e incluso entrará en dous concellos de Lugo, na Ribeira Sacara: Pantón e Sober. Os coches iniciarán o percorrido segundo a media de velocidade que poden alcanzar, dende os 45 quilómetros por hora ata os 50 quilómetros por hora. Aragonés explicou tamén que os vehículos veñen de moitos puntos de España, especialmente de Madrid, Pamplona ou Asturias e tamén de Portugal. Ademais da participación de pilotos que foron profesionais, como Torres, Pepe Pavón ou Pestana. Destacou ademais que as estradas polas que transcorre o rally son “de moi bo firme”, e que iranse facendo distintos tipos de probas durante o percorrido.

Pola súa parte, o presidente da Escudaría, Paco Fernández, informou sobre os horarios e percorridos dos 3 días de rally, que teñen como punto de partida a concentración hoxe venres, 2 de xuño, na explanada do Centro Comercial Ponte Vella para realizar as verificacións. Mañá, sábado, os coches estarán na Praza Maior dende as 8:30. Alí, os que non tiveran realizado as verificacións na véspera, poderán facelo no momento, e farán unha pre-saída ás 10:50 horas pola rúa do Paseo até o Parque de San Lázaro, onde se fará a saída oficial, que este ano estará acompañada da Banda de Gaitas da Deputación.

Dende Ourense sairán dirección Maceda, onde se pararpán para realizar unha comida medieval, e continuarán até Montederramo, Castro Caldelas, Canón do Sil, Pantón, Sober, Peares e de regreso a Ourense. A cena e a entrega de premios será o sábado pola noite no hotel Vila de Allariz.

A xornada do domingo transcorrerá en Allariz, Maceda e Luintra, onde realizarán a entrega de trofeos do campionato social que realiza a Escudaría entre os seus asociados. Tanto o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, como o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, coincidiron en aplaudir a celebración deste rally porque dá a coñecer e promove a riqueza e os recursos de Ourense como ningún outro e que grazas a el a provincia está no calendario das catro rodas.

Artigos relacionados

Back to top button