ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Castro Caldelas celebra a Festa dos Remedios

Do 30 de agosto ao 9 de setembro esta localidade ourensá festexaba a súa patroa con númerosos actos

No mediodía do 9 de setembro a imaxe da Virxe dos Remedios volvía percorrer as rúas de Castro Caldelas, tras a xornada do sábado 8, día grande desta celebración. E facíao novamente acompañada polo son das gaitas, pola figura enmascarada do Irrio Peliqueiro e polos cabezudos.

Neste domingo os actos festivos principiaban cun pasarrúas a cargo de Os Trabazos, logo viña a procesión e a misa, e pola tarde a festa continuaba coa orquestra Garibaldi e cun baile de disfraces. Esta Festa dos Remedios celebrábase entre os días 30 de agosto e 9 de setembro en Castro Caldelas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button